Mirade qué fermosura me atopei hoxe pola tardiña no xardín...
Mirade qué mandíbulas ten... |
A tamaño completo (aprox. 6 cm) |
Tratase dun macho de "gran capricornio" ou Cerambix cerdo, e é un dos coleópteros máis grandes de toda Europa. Avistalo é cada vez máis raro por mor da perda do seu hábitat. Debido a que se alimenta da savia das árbores enfermas do xénero Quercus, tradicionalmente está considerado como "plaga".
Está catalogado como "vulnerable" pola IUCN, e está practicamente extinguido no norte de Europa, polo que é nosa responsabilidade velar para poidamos no futuro, seguir atopándonos con él de vez en cando.
PD. O meu agradecemento a José Manuel Villa, experto en "bichos", pola súa identificación
Ningún comentario:
Publicar un comentario