Onte, cando baixaba da casa no coche, atopeime con este fermoso exemplar macho de vacaloura, escornabois ou ciervo volante (Lucanus cervus) no medio da estrada, parecía un pouco atontado:
Vacaloura no medio da estrada |
Deseguida apartei o coche e fun ata él pra ver se se ferira, pero en canto o toquei puxoseme farruco e ensinoume os cornos en posición defensiva. Decidín non estresalo demasiado, e deixeino alonxado do arcén, á sombriña dos carballos, pra que se recuperase antes de seguir ca súa viaxe.
Este tipo de pequenas accións, sempre que non supoña por en perigo a nosa vida ou a dos que circulan pola carreteira, danlle unha oportunidade se sobrevivir a estes animais cando quedan feridos ou simplemente atontados no medio dunha estrada.
Xa pola noitiña, tomando o fresco nas escaleiras da casa, vimos voar unha vacaloura xusto por enriba do noso tellado... e pensei que pode que fora o mesmo que atopei no medio da estrada... pode que fora...
Cada día é mais raro ver vacalouras, sen dúbida o insectos mais espectacular que temos na fauna galega.
ResponderEliminarPodería dicirse qué é o escarabello co que máis nos identificamos... cada vez máis raro de avistar, e cada vez tamén máis escaso...
ResponderEliminar