luns, 19 de agosto de 2013

Visita naturalista ó macizo de Pena Trevinca

Nun dos meus derradeiros post falaba sobre o destrozo que causa a minería a ceo aberto nas montañas do macizo de Pena Trevinca, máis inda se non se acatan debidamente as medidas de restauración ambiental.

Pero a pesares de todo isto, da presión humana, dos incendios forestais, dos parques eólicos e do abandono rural, a vida segue abríndose paso nestas fermosas montañas case coma se nada.

A ruta levanos todo o día, discurrindo por ladeiras de monte baixo formado por uces e carqueixas (e diversas especies da familia Ericaceae), piornos e xestas, fermosas vaguadas co bosque de ribeira (bidueiros, acivros e ameneiros, entre outros) prácticamente inalterado, e o Teixedal de Casaio (bosque de Taxus baccata), xoia botánica tan única coma escasa nos tempos que acontecen...

Rolda de bolboretas:


Sofía (Issoria lathonia)
Amarela (Colias croceus)
Cardera (Vanessa cardui)
Licénido sen identificar
Manto de ouro (Lycaena virgaureae)
Castaño morena (Coenonympha glycerion)
Montañesa xigante (Erebia palarica)
Bolboreta do bidueiro (Biston betularia)
Limonera (Gonepterix rhamni)

Avistamento de aves:

Tartaraña cincenta (Circus pygargus)
Azulenta (Prunella modularis)
Pica alpina (Anthus spinoletta)
Águia cobreira (Circaetus gallicus)

E moitos outros como avións roqueros, chovas piquirrojas, pintarroxos, pimpíns, etc. e bolboretas coma a banda acodada (Hipparchia alcyone), e distintas mediolutos, licénidos e pardas que non fomos capaces de fotografiar pero que nos fixeron compaña durante todo o camiño.

Estas montañas merecen a protección que demandan por sí soas...

luns, 12 de agosto de 2013

As luces da noite

Despois de moito tempo, este ano avistei por primeira vez un vagalume, lucecú ou luciérnaga (Lampyris noctiluca):


Puntiño de luz do vagalume (Lampyris noctiluca)

Nestas noites máis calurosas de xullo e agosto as femias de vagalume acenden o seu reclamo luminoso para atraer os machos, desposuídos de luz, e dar comezo a un novo ciclo da vida . 

Pero cada vez estes escarabellos luminiscentes son máis complicados de avistar: a contaminación ambiental e lumínica confundeos e desplazaos cada vez máis a zonas deshabitadas e inaccesibles, pero tamén o uso masivo de herbicidas e plaguicidas acaban pouco a pouco con estas pequenas marabillas da natureza.

venres, 9 de agosto de 2013

O despropósito da minería en Galicia

Vivimos nuns tempos nos que ca escusa da crise todo vale, escoitamos algúns con medo e outros ca esperanza de atopar traballo que se retoman plans para reabrir antigas minas de metais agora moi cotizados no mercado. O que antes non era rentable, nestes intres semella que sí o é.

Pero a qué prezo?



Canteiras de lousa nos arredores do Barco de Valdeorras
Pizarreira no lado leonés. Á esquerda comezan a restaurar a escombreira


No macizo de Pena Trevinca, coma noutras serras de Galicia, podese obervar o descalabro ambiental que causa a minería a ceo aberto da lousa (pizarra), ese fermoso material que logo adorna os tellados das vilas do Pirineo. Porque as casas do Pirineo non sempre tiveron tella de pizarra, inda que algún pense o contrario...


Escombreira no cumio dunha montaña

O peor de todo, é que en case ningunha das explotacións vense miras de restauración ambiental.

As escombreiras avanzan coma colosos glaciares ocupando cada vez máis espazo. Dende o curuto dunha montaña, ata o cauce fluvial do que antes era un río. As pistas abrense coma autopistas partindo a montaña en duas. É un estado sen lei. Semella que calquera lexislación ambiental, por moi lixeiriña que fora, eiquí non ten cabida, nin respeto, nin control:


Roda de camión tirada xunto con outros residuos nunha escombreira
que ocupa o cauce dun río

Non é estar en contra da minería nin dos postos de traballo que xera, sexa a grande escala ou a pequena, a ceo aberto ou subterránea, pois é necesaria. Pero trátase dun sector, que coma outros, recibe moitas subvencións, gran parte delas en concepto de actuacións ambientais, e non se ven eses cartos invertidos no seu fin.

Trátase de facer as cousas doutra maneira, de ser respetuosos ca montaña, de pensar nas xeracións do futuro. 
Trátase de ter conciencia ambiental.
Trátase de aproveitar un recurso sen destrozar outros. Porque a montaña pode ser gandería, aproveitamento forestal, ecoturismo...

Porque... qué nos quedará cando estas minas boten o peche?


Regato contaminado polos lixiviados da mina


Mentres, o que podería ser o gran Parque Natural de Galicia estase a consumir pola minería, que devora a montaña mentres as administracións miran cara outra parte. Avanza avalada polas súas concesións herdadas do franquismo (descoñecidas para o "pueblo llano") pero que impiden que o macizo de Pena Trevinca, a serra do Courel ou a serra dos Ancares, reciban a protección que merecen.

Lembrome dun enxeñeiro de minas, que facendo de guía nunha visita á escombreira e ó lago de As Pontes afirmaba que "restaurar as escombreiras era unha tontería, porque xa se restauran elas soas". 

Xuzgade por vós mesmos como se restauran, só co paso do tempo:


Mina de Wf abandoada nos anos 60 (minería da de antes...)

xoves, 1 de agosto de 2013

Sorpresas no xardín II

Hoxe pola tardiña paseouse polo noso xardín este fermoso exemplar de calimorfa. Esta bolboreta de hábitos diurnos, pero tamén nocturnos, deixase ver nos meses de xullo a setembro.

Son bolboretas robustas e vellosas, da familia Arctiidae. De ampla distribución por toda Europa, as súas vistosas cores avisan a aqueles que teñan a intención de comelas que pode que saiban mal e ata que sexan tóxicas...

Calimorfa (Euplagia cuadripunctaria)

As súas eirugas son peludas, e presentan unha banda ancha amarela por todo o lombo. Alimentanse de plantas de porte baixo, pero onde é máis doado velas é nas follas dos mexacáns ou dientes de león.