xoves, 31 de outubro de 2013

Algunhas aves de Chile II

Xa estamos de volta!


Chincol ás súas ordes!

Continuamos a mostra de aves de Chile cunha especie introducida (procedente de California), pero tamén con outras nativas:

Codorniz (Callipeta californica), moi elegante co seu sombreiro

Ai qué preguiza erguerse!!!

Perdicita cojón (Thinocorus orbignyianus), despreguizándose

Ups, e eu con estas plumas!

Perdicita cojón (Thinocorus orbignyianus)

Agunhas limícolas e anátidas:

Á dereita, un pilpilén (Haematopus palliatus).
Á esquerda un pilro
Playero blanco (Calidris alba), pra nós pilro
ou correlimos tridáctilo
Pato juarjual (Lophonetta specularioides), con impresionantes ollos vermellos,
típìco da alta montaña andina

As anátidas forman enormes bandos nas balsas de auga dos vales andinos:




Na foto non se aprecia como debería, pero a tagüita ten un pico verde moi chamativo, contrastando cos ollos vermellos:

Tagüita (Gallinula melanops)

Unha das aves máis doadas de ver, en case calquera ambiente:


Queltehue, ou tero (Vanellus chilensis)

E como non podería ser de outro xeito, as raíñas do ceo: as rapaces.


Águila (Geranoaetus melanoleucus)
Tiuque (Milvago chimango)

E o indiscutible monarca dos Andes, o impresionante cóndor andino:


Cóndor andino (Vultur gryphus)

Ata a próxima!!


Abur!




venres, 25 de outubro de 2013

Algunhas aves de Chile

Natureza, é a mellor verba que hai pra definir Chile. 

Non hai que desprazarse moi lonxe da gran urbe de Santiago de Chile para admirar as aves que vos presento, a maior parte delas son cotiás, e algunha en concreto daría para facer un post do blogue só pra elas pola súa simpatía:

Paloma de alas blancas o cuculí (Zenaida meloda)

É importante facerse cunha boa guía, porque a partires de agora e exceptuando unhas poucas especies introducidas e nativas, todo é diferente ó visto ata agora. V
eredes que hai enormes parecidos con especies que temos eiquí, así que fixadevos ben e comparade as diferenzas entre elas e os seus nomes comúns...


Chincol (Zonotrichia capensis)
Tuco, remolinera ou churrete acanelado (Cinclodes fuscus)

Ó tuco é frecuente velo esgarabellar entre as pedras dos ríos e regatos, na busca dalgún verme:


Churrete acanelado (Cinclodes fuscus) á procura do xantar nun río

Continuamos con varias especies nativas:

Cometocino de Gay (Phrygilus gayi)
Diuca (Diuca diuca)
Impresionan os ollos vermellos do diucón (Xolmis pyrope),
nunha pose de libro
Jilguero (Carduelis barbata),
 pillado in fraganti no seu baño matinal
Minero cordillerano (Geositta rufipennis)
Pájaro plomo (Phrygilus unicolor)
Zorzal austral (Turdus falklandii)

As tencas, moi comúns e sempre curiosas:


Tenca (Mimus thenca)
Dúas tencas un pouco despeluxadas,
 intercambiando opinións nunha pola
Nesta ocasión, co curupete amarelo despois de metelo nunha enorme flor...

Continuará...


Eu sigo ó meu... a ver qué atopo por eiquí...




luns, 14 de outubro de 2013

Fauna da serra de Gredos: Anfibios e réptiles

Son os que pasan máis desapercibidos.

Os anfibios e os réptiles, tan esquecidos coma perseguidos, son protagonistas de lendas, conxuros e crencias populares. Conviven silenciosamente ó noso lado, sen apenas molestar. Nós ignoramolos, e senón perseguimolos. Tamén os aplastamos coas rodas do noso coche nas estradas invisibles ós nosos ollos cegados pola velocidade.

Ignoralos é perderse unha parte da biodiversidade que nos rodea. Os anfibios e os réptiles son vítimas do cambio climático, da desordenada contrucción de infraestructuras humanas, da contaminación das augas, do uso masivo de velenos, etc. Desaparecen en silencio, e poucos son os que levantan a voz por eles.

Agardo que gostedes desta pequena mostra do que se nos deixou fotografiar nas nosas corredoiras pola serra de Gredos:


Lagarta carpetana (Iberolacerta cyreni)
Rá común (Pelophylax perezi)
Sapo de Gredos (Bufo bufo gredosicola)
Rela ou rá de San Antón (Hyla arborea)
Rá patilonga (Rana iberica)


Fixemonos un pouquiño ó noso arredor e aprendamos a mirar a estes animais con outros ollos porque non transmiten ponzoña como pensan moitos (o contrario, nós somos os que lles transmitimos enfermidades ó tocalos) e múltiples son os beneficios que nos aportan, coma por exemplo a súa faceta coma plaguicidas biolóxicos. 


PD. Grazas a Miguel A. Fernández Martinez pola súa incondicional axuda na identificación dalgún dos exemplares das fotos