As imaxes pagan máis que mil verbas, iso dín e neste caso é o que vou facer:
Esta serie de fotografías de mala calidade xa que fixeronse co móbil, correspóndense a distintos tramos da PR-G 93, Rota da Ribeira do Ulla. Como podedes comprobar a ruta discurre por un fermoso e nada protexido bosque de ribeira, ás beiras do río Ulla, onde carballeiras e bosques de sobreiras alternanse con especies fluviais debuxando un entorno de fadas.
Marabilloso entorno que algúns utilizan para practicar coas motos de montaña, pero lugar mal escollido. A erosión é evidente, coma tamén a fraxilidade do hábitat onde están a levar a cabo esta actividade...
Tamén deixo testemuña do lixo e malas prácticas que é habitual (e moi desagradable) atopar en calquera ruta frecuentada por sendeiristas:
Clínex nun recuncho do camiño |
Bidón de gasolina e restos de latas de cervexa |
Bolsa chea de lixo colgada dunha árbore do camiño |
Restos de cintas dunha carreira de btt |
Atallo feito polos sendeiristas nunha curva que fai a ruta |
Seremos quen de mellorar o noso comportamento na natureza?
Ningún comentario:
Publicar un comentario