Hoxe vouvos presentar á parella de corvos pequenos que teñen o seu territorio nos arredores da miña casa, na Pena de Augas. Nestas datas andan moi namorados, e non tardarán en poñe-la súa primeira posta do ano, seguro que en canto mellore un pouco o tempo.
Esta mañá sorprendinos nunha agarimosa escena: o macho agasallaba á súa parella cunha noz, da que ela non dubidou en dar conta de seguido:
Parella de corvos pequenos (Corvus corone) |
Estas intelixentes aves que moitas veces espertan en nós certa antipatía, infundada en gran parte pola mitoloxía popular e polos seus hábitos persecutorios e oportunistas fronte a outras aves (actitudes típicas dos córvidos), sorprendennos con estas actitudes tan respetuosas e agarimosas na parella. Cando están xuntas non deixan de despiollarse e bicarse, e acompáñanse todo o tempo a todas partes con moita complicidade:
Pero qué rica está esta noz! |
O macho, moi guapo él co seu escuro vestido, custodiando que non veñan coches mentres a súa moza da conta do seu manxar |
Polo xeral non miramos moito pra elas porque son moi comúns, e ata pra algún entran dentro do grupo de animais malos... pero como vedes, ata poden darnos algunha que outra lección.
Ningún comentario:
Publicar un comentario