¿Sabedes qué é isto? Trátase dun montón de corda
a modo de palangre recuberta con anzois que recollemos no encoro de
Albarellos (Leiro, Ourense). Ben pode ser que fora do ano pasado, pois
moitos dos anzois estaban oxidados, pero é unha das razóns pola que a
pesca autóctona non acaba de recuperarse nos nosos ríos: o furtivismo.
Non son as garzas, nin as lontras ou os corvos mariños os que acaban ca pesca fluvial. Son os furtivos, cas súas redes e palangres, cos seus anzois. Utilizan cebo vivo, ás veces miñoca e outras pequenos peixes (ás veces troitas) que atrapan previamente.
Outro exemplo é o río Umia (encoro da Baxe e río Gaio arriba), que estando nun perfecto estado de conservación e libre de grandes verquidos, é un deserto sen vida. A resposta está percorrendo os pequenos afluentes do cauce principal, que deberían ser os viveiros das pequenas troitas: atopalos sembrados de botellas de lixivia nas beiras.

Unha recente reportaxe do canal V televisión recolle dende unha ampla perspectiva as razóns polas que os nosos ríos atopanse nun estado de saúde pésimo. Sobreexplotación eléctrica, contaminación, furtivismo e unha xestión da pesca fluvial ineficaz e insuficiente acadaran por convertir ós nosos fermosos ríos en recursos agotados, tan só ó servizo das hidroeléctricas.
Quero pensar que ós nosos ríos inda lle queda unha oportunidade, pero iso depende de que os miremos con respeto, os cuidemos e deixen de ser un mero recurso enerxético.
Quero pensar que ós nosos ríos inda lle queda unha oportunidade, pero iso depende de que os miremos con respeto, os cuidemos e deixen de ser un mero recurso enerxético.
Ningún comentario:
Publicar un comentario