Chegou o sol, fíxose de rogar... pero xa está aquí!
Este ano anotámonos no Programa de Seguimiento de Mariposas Diurnas (BMS España - Butterfly Monitoring Scheme Spain) para o cal tivemos que escoller un transecto preto da nosa casa no que ir mostrexar, se as condicións metereolóxicas o permitían, unha vez cada 10 días en tempada de voo de bolboretas (dende marzo a outubro):
 |
| Track do transecto elexido |
Este sábado fixemos a primeira mostraxe. Levamos 3 días de sol e xa no xardín da nosa casa sentíamos o bulir dos insectos:
 |
| Gran pavón ou bolboreta pavo real (Aglais/Inachis io), quecendo as ás |
 |
| Limonera (Gonepteryx rhamni) |
 |
| Náiade (Celastrina argiolus) |
 |
| Bolboreta dos valados (Pararge aegeria) |
 |
| Blanca verdinerviada (Pieris/Artogeia napi) |
¿Porqué é necesaria unha rede de seguimento de bolboretas?
Pois porque os lepidópteros son excelentes indicadores de calidade ambiental e de biodiversidade, e tamén axúdannos a coñecer os efectos de determinados fenómenos locais ou a gran escala, coma pode ser un cambio nos usos do solo ou o cambio climático:
 |
| Bolboreta dos valados quecéndose ó sol |
Ningún comentario:
Publicar un comentario