Continuamos as entradas sobre as aves de Chile na Rexión dos Lagos, pero nesta ocasión nun ambiente máis marino:
É eiquí, onde os ríos deixan de ser ríos e o mar inda non se atreve a abrirse á inmensidade do Pacífico, onde as aves atopan un lugar onde alimentarse, onde descansar e facer parada na súa longa viaxe, ou onde criar.
Os sempre elegantes cisnes, invitan a bailar un vals:
Cisne de cuello negro (Cygnus melancoryphus) |
Bando de cisnes coscoroba (Coscoroba coscoroba) |
Unha coñecida de anteriores entradas, e outra que tamén pasea polos nosos lares:
Pilpilén (Haematopus palliatus) |
Zarapito, zarapo ou perdicilla de mar (Numenius phaeopus hudsonicus), subespecie do noso mazarico chiador |
As carroñeiras:
Jote de cabeza colorada (Catartes aura) |
Jote de cabeza negra (Coragyps atratus) |
E por último, as aves mariñas:
Gaviota dominicana (Larus dominicanus) |
Bando de gaviota cahuil (Larus maculipennis), xunto a varios exemplares de gaviota dominicana. Facendo un pouco de ollo, poden distinguirse xuvenís e adultos de ambas especies |
Xuvenil de cormorán imperial (Phalacrocorax atriceps) |
Pelícano (Peruvian pelican) |
Agardamos poder voltar a este abraiante país pra traer en insignificantes fotografías, pequenos anacos da impresionante biodiversidade chilena...
Jotes secando as ás, xunto a unha gaivota dominicana... semellan dicir ¡deicalogo! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario