A pasada ponte do 15 de agosto fixemos unha pequena escapada á Serra de Gredos, ó sur da comunidade de Castilla y León. Fascinados, percorrimos os seus vales glaciares, e en cada recuncho atopabamos unha explosión de vida, indiferente para a maioría dos sendeiristas.
Das matogueiras xurdían pequenas aves curiosas, de entre as pedras escorríanse os lagartos ó noso paso. Moi altas, no ceo, sorprendianos a silueta das grandes rapaces, e en cada regato ou charca, rás, píntegas, sapillos,...
Comezo cunha rolda de fotos dalgunhas das bolboretas que atopamos:
Negra (Satyrus actacea) |
Esfinge colibrí (Macroglossum stellatarum) |
Montañesa xigante (Erebia palarica), Pandora (Argynnnis pandora) e Cardera (Vanessa cardui) |
Cardera (Vanessa cardui), Sofía (Issoria lathonia) e chicharra montañera (Steropleurus stalii) |
Dorada manchas blancas (Hesperia comma) |
Blanquita de la col (Artogeia rapae) |
Náiade (Celastrina argiolus) |
Pardo rubia (Hipparchia semele) |
C-blanca (Polygonia c-album) |
Pinta ocres (Arethusana arethusa) |
Ortiguera (Aglais urticae) |
Calimorfa (Euplagia cuadripunctaria) |
Femia de manto de oro (Lycaena virgaureae) |
Macho de manto de oro (Lycaena virgaureae) |
Entre outras, logramos identificar pero non fotografiar a amarela (Colias crocea), a rey moro (Brintesia circe, aparece nalgunhas guías como Katenisa circe) e a macaón (Papilio machaon) entre as máis rechamantes, e varios licénidos que non soubemos identificar.
A serra de Gredos é, sen dúbida, un marabilloso escenario para ademáis de deleitarse con fermosas paisaxes, entreterse en cada recuncho e deixar pasa-lo tempo desconectando de todo o que nos rodea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario