mércores, 5 de febreiro de 2014

Un visitante procedente do Norte

En anteriores entradas falabavos dun visitante branco que andaba por terras galegas:



Despois de moitos días indo a velo, tentando sortexar a súa vixilancia e soportando a chuvia e o frío, conseguimos facerlle unhas poucas mellores fotos que permitíronnos identificalo con certeza:




Debatíamos se se podía tratar duna anomalía de pigmentación tipo leucismo ou semellante que se presentaría dun xeito máis irregular, pero logo o descartamos. Tamén descartamos que se tratase da subespecie vulpinus, xa que non presenta fase clara.

Este exemplar é extremadamente claro, pero o seu deseño non é anómalo e cadra co descrito para as formas máis extremas de coloración. Polo que sentenciamos que se trata dun Buteo buteo de morfo claro, procedente do Norte de Europa (onde sí hai maior proporción de miñatos claros, e non son tan raros):


Extracto da guía Svensson

Nas fotos en voo vese moi ben a "black comma", esa mancha escura en forma de coma na articulación das ás típica do B. buteo de fase clara. Ademáis os miñatos do Norte de Europa son lixeiramente máis grandes cos de eiquí, o que cadra co noso exemplar:


Apenas chegan exemplares invernantes á península ibérica deste norteño visitante, e os poucos que chegan soen quedarse nas planicies castelás. En Galicia non constan avistamentos recentes, polo que esta cita é de interese.



Nota. De novo, grazas a Sergio París pola súa implicación na identificación do miñato e o interese mostrado

Ningún comentario:

Publicar un comentario