Croicocephalus ridibundus, gaivota chorona en galego, gaviota reidora en castelán ou Black-headed gull en inglés... Esta pequena e común, pero non por iso menos fermosa gaivota fai de inesperada modelo durante un pequeno paseo:
Gaivota chorona, a piques de remata-la muda cara a súa plumaxe estival |
É de menor tamaño que a máis común das nosas gaivotas, a patiamarela (patiamarilla, ou Larus michahellis). Máis grácil, compacta e de xesto doce, presenta dúas plumaxes: unha estival que consiste nunha capucha de cor chocolate que quedase corta por detrás; e outra invernal que descoberta da capucha, queda a cabeza branca cun puntiño negro xusto detrás dos ollos.
Forma ruidosas colonias, e o seu reclamo dependendo do oído que o escoite ben pode semellar un sorriso coma un choro:
Forma ruidosas colonias, e o seu reclamo dependendo do oído que o escoite ben pode semellar un sorriso coma un choro:
Grupo de xuveniles e adultos, alimentándose na desembocadura dun río. Pódense observar as diferenzas ca plumaxe invernal |
As gaivotas en xeral, non gozan de boa fama entre a comunidade humana. As causas poden resumirse como problemas de convivencia, xa que son especies que interaccionan directamente co noso xeito de vida... e é ahí onde surxen os conflictos. É unha mágoa, pois son aves extraordinarias, supervivintes, cunha gran capacidade de adaptación ós cambios e unha intelixencia significativa.
Aprendamos a convivir con elas, e a miralas con outros ollos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario