Recentemente mercamos unha cámara de fototrampeo pra facer seguementos de fauna. Antes de deixala no monte de xeito definitivo pra un estudo serio quixemos poñela a punto e probala, e qué mellor que aproveitarnos dos membros da manada!:
|
Nina pillada "in fraganti" |
|
Tomás saindo dunha das habitacións da casa |
Tamén probamos a poñela preto do comedeiro, e así de paso obter testemuña fotográfica dunha mostra dos visitantes que pasan polo noso xardín:
|
Macho de rabirrubio |
|
Femia de rabirrubio. Esta parella é habitual no comedeiro |
|
Paporrubio, tamén habitual do comedeiro |
|
Grupo de pardais que aniñan no tellado, e se benefician do comedeiro |
En breves comezaremo-las probas en campo...
Ola Sara, que modelo é? unha aperta
ResponderEliminarBoas Miguel,
EliminarÉ unha Moultrie D444, nas probas caseiras foi bastante ben, en campo inda non a deixamos... co tempo que está! Se precisas máis datos, comentamo.
Unha aperta!