Desta vez movémonos pola Rexión dos Lagos (10ª Rexión), adentrándonos na Patagonia Chilena. A paisaxe modulada polas distintas erupcións volcánicas, cambia por completo e a contraste de cores debuxa fermosos horizontes:
Río Petrohué e Volcán Osorno |
Nestes intres a vida comeza a espertar deixando atrás o inverno. Aparecen as tenras e verdes follas da primaveira, e os arbustos énchense de flores.
Comezamos a rolda cunha ave de simpático nome común, e unha rapaz moi presente en documentais e postais sobre a zona:
Bandurria austral (Theristicus melanopis) |
Carancho (Caraca plancus) |
Un coñecido de anteriores entradas, pero nesta ocasión cunha pose mellorada:
Tiuque (Milvago chimango) |
O tiuque ten un curioso xeito de camiñar moi esterricado pegando longas zancadas, coma se fora de formación militar:
Pata esquerda mirando ó lado ¡ar!... |
... pata dereita mirando ó frente ¡ar! |
Continuamos cun pombo que ben se asemella ó noso:
Torcaza (Patagioenus araucana) |
E un enfurruscado peto ó que por algún motivo molestabamos, e nos dicía que debiamos marchar de alí:
Pitío (Colaptes pitius) |
A continuación un cativo ó que de xeito popular se lle chama "colegial" (ó mellor polo chaleco de plumas marróns que asemella ó uniforme das escolas), moi ben acompañado xunto a súa parella:
Colegial ou negrito austral macho (Lessonia rufa) |
Negrito austral femia (Lessonia rufa) |
Continuará... como a vida mesma!
Como diría algún... "la primavera, la sangre altera" |
Impresionante e bonito volcán!
ResponderEliminarTodo en Chile é impresionante...
Eliminar