Natureza, é a mellor verba que hai pra definir Chile.
Non hai que desprazarse moi lonxe da gran urbe de Santiago de Chile para admirar as aves que vos presento, a maior parte delas son cotiás, e algunha en concreto daría para facer un post do blogue só pra elas pola súa simpatía:
|
Paloma de alas blancas o cuculí (Zenaida meloda) |
É importante facerse cunha boa guía, porque a partires de agora e exceptuando unhas poucas especies introducidas e nativas, todo é diferente ó visto ata agora. Veredes que hai enormes parecidos con especies que temos eiquí, así que fixadevos ben e comparade as diferenzas entre elas e os seus nomes comúns...
|
Chincol (Zonotrichia capensis) |
|
Tuco, remolinera ou churrete acanelado (Cinclodes fuscus) |
Ó tuco é frecuente velo esgarabellar entre as pedras dos ríos e regatos, na busca dalgún verme:
|
Churrete acanelado (Cinclodes fuscus) á procura do xantar nun río |
Continuamos con varias especies nativas:
|
Cometocino de Gay (Phrygilus gayi) |
|
Diuca (Diuca diuca) |
|
Impresionan os ollos vermellos do diucón (Xolmis pyrope),
nunha pose de libro |
|
Jilguero (Carduelis barbata),
pillado in fraganti no seu baño matinal |
|
Minero cordillerano (Geositta rufipennis) |
|
Pájaro plomo (Phrygilus unicolor) |
|
Zorzal austral (Turdus falklandii) |
As tencas, moi comúns e sempre curiosas:
|
Tenca (Mimus thenca) |
|
Dúas tencas un pouco despeluxadas,
intercambiando opinións nunha pola |
|
Nesta ocasión, co curupete amarelo despois de metelo nunha enorme flor... |
Continuará...
|
Eu sigo ó meu... a ver qué atopo por eiquí... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario