Amosando publicacións coa etiqueta aves. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aves. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de febreiro de 2014

Tarifa cos 6 sentidos


Escoita... O trompeteo das grullas:


Grulla común (Grus grus) na Janda

O quebro do sol cando choca contra o horizonte...


Ocaso en Barbate. Foto: Amaia Elía

O canto dos trigueiróns...


Triguero (Emberiza calandra)

Observa... Un rabirrubio que che saúda:


Colirrojo tizón (Phoenicurus ochruros) nos Lances

Unha inesperada bolboreta recén nada, secando as súas ás...


Bolboreta monarca (Danaus plexippus). Foto: Cristina Pérez

O lagarteiro cincento no seu pousadoiro...


Elanio azul (Elanus caeruleus)

Ule... O cheiro do mar e ás súas artes tradicionais:


Pescador nas marismas de Barbate. Foto: Amaia Elía

O aire puro...


Muiño de vento no P.N. de Barbate. Foto: Amaia Elía

As cores dunha posta de sol...


Xílgaro (Carduelis carduelis) na Janda

Toca... A nosa historia:


Palomar de La Breña, P.N. Barbate

Ca punta dos dedos, espreguizándote, o continente africano...

África no horizonte, máis alá do manto verde de algodóns...
Dende o mirador do Caraminal (Bolonia). Foto: Cristina Pérez

A dura cortiza das sobreiras...


Bosque de sobreiras no P.N. dos Alcornocales

Saborea... O atún roxo de almadraba:


Mostra de tapas no museo do atún de Barbate. Foto: Amaia Elía

Os bos momentos en boa compaña...


Paseo pola praia de Barbate. Foto: Amaia Elía

Sinte... O fluir da vida ó teu arredor:


Carráns patinegros (Sterna sandvicensis) nos Lances

O revoloteo dunha pequena bolboreta...


Saltacercas (Lasiommata megera) no P.N. dos Alcornocales

As ganas de voltar...


Grullas voltando cara o seu durmideiro na Janda




PD. Grazas ás miñas compañeiras Amaia Elía e Cristina Pérez polos sorrisos... e tamén polas fotos


xoves, 19 de decembro de 2013

Chegan os fríos e as choivas...


... E toca enche-lo comedeiro

Está a comezar decembro, o frío é evidente e as choivas non se fan agardar. Por iso e pra axudar ás pequenas aves silvestres, que son as máis vulnerables ás inclemencias meteorolóxicas, comezo a facerlle pequenos aportes de comida ó comedeiro:

Comedeiro do xardín

Pronto comezan a achegarse os habituais:

A parella de rabirrubios
O sempre territorial paporrubio, facendo presenza
As ruidosas familias de pardais que aniñan no noso tellado...

E súmanse pimpíns, picafollas, carrizos, pegas (ás que lles descubrín un curioso xeito de apaña-la comida... ademáis de valeirarme o comedeiro deseguida!), ferreiriños, etc. 

Aproveitando o frío, procuro prepararlles un bolo de manteiga de porco que conteña froitos secos e froita deshidratada, sobre todo pós ferreiriños e abelleiros que tal e coma se aprecia na fotografía tolean por este delicioso manxar:

O abelleiro, todo encaramiñado no seu bolo de frutos secos

Está de máis dicir, que antes de montar un comedeiro pra aves hai que informarse debidamente sobre o que poden comer as aves do entorno, xa que a súa alimentación pode ser moi específica. De xeito xeral débense evitar alimentos grasos e salgados, os aditivos industriais, e se a elaboración do menú é caseira, seguro que volo agradecerán!

Tamén temos á disposición destes emplumados visitantes, caixas-niño en aluguer por un ventaxoso prezo, por se algún se decide a monta-lo seu niño no noso xardín!:

Caixa-niño en aluguer

Un importante detalle que debemos ter en conta son as nosas mascotas: tanto o comedeiro coma as caixas niño deben situarse nun lugar alonxado dos ollos e das zarpas dos nosos lindos gatitos (e lindos perritos...), que nun intre poderían causar un lamentable destrozo a modo de paxaricidio. Nunca me cansarei de dicir que no caso de que o noso minino campee ceive hai que poñerlle axóuxere

martes, 10 de decembro de 2013

Algunhas aves de Chile IV

Continuamos as entradas sobre as aves de Chile na Rexión dos Lagos, pero nesta ocasión nun ambiente máis marino:


É eiquí, onde os ríos deixan de ser ríos e o mar inda non se atreve a abrirse á inmensidade do Pacífico, onde as aves atopan un lugar onde alimentarse, onde descansar e facer parada na súa longa viaxe, ou onde criar.

Os sempre elegantes cisnes, invitan a bailar un vals:

Cisne de cuello negro (Cygnus melancoryphus)
Bando de cisnes coscoroba (Coscoroba coscoroba)

Unha coñecida de anteriores entradas, e outra que tamén pasea polos nosos lares:

Pilpilén (Haematopus palliatus)
Zarapito, zarapo ou perdicilla de mar (Numenius phaeopus hudsonicus),
subespecie do noso mazarico chiador

As carroñeiras:

Jote de cabeza colorada (Catartes aura)
Jote de cabeza negra (Coragyps atratus)

E por último, as aves mariñas:

Gaviota dominicana (Larus dominicanus)
Bando de gaviota cahuil (Larus maculipennis), xunto
a varios exemplares de gaviota dominicana. Facendo un pouco de ollo, poden
distinguirse xuvenís e adultos de ambas especies
Xuvenil de cormorán imperial (Phalacrocorax atriceps)
Pelícano (Peruvian pelican)

Agardamos poder voltar a este abraiante país pra traer en insignificantes fotografías, pequenos anacos da impresionante biodiversidade chilena...

Jotes secando as ás, xunto a unha gaivota dominicana...
semellan dicir ¡deicalogo!




mércores, 27 de novembro de 2013

Algunhas aves de Chile III

Desta vez movémonos pola Rexión dos Lagos (10ª Rexión), adentrándonos na Patagonia Chilena. A paisaxe modulada polas distintas erupcións volcánicas, cambia por completo e a contraste de cores debuxa fermosos horizontes:

Río Petrohué e Volcán Osorno

Nestes intres a vida comeza a espertar deixando atrás o inverno. Aparecen as tenras e verdes follas da primaveira, e os arbustos énchense de flores.

Comezamos a rolda cunha ave de simpático nome común, e unha rapaz moi presente en documentais e postais sobre a zona:


Bandurria austral (Theristicus melanopis)
Carancho (Caraca plancus)

Un coñecido de anteriores entradas, pero nesta ocasión cunha pose mellorada:


Tiuque (Milvago chimango)

O tiuque ten un curioso xeito de camiñar moi esterricado pegando longas zancadas, coma se fora de formación militar:


Pata esquerda mirando ó lado ¡ar!...
... pata dereita mirando ó frente ¡ar!

Continuamos cun pombo que ben se asemella ó noso:



Torcaza (Patagioenus araucana)

E un enfurruscado peto ó que por algún motivo molestabamos, e nos dicía que debiamos marchar de alí:

Pitío (Colaptes pitius)

A continuación un cativo ó que de xeito popular se lle chama "colegial" (ó mellor polo chaleco de plumas marróns que asemella ó uniforme das escolas), moi ben acompañado xunto a súa parella:


Colegial ou negrito austral  macho (Lessonia rufa)
Negrito austral femia (Lessonia rufa)

Continuará... como a vida mesma!


Como diría algún... "la primavera, la sangre altera"



xoves, 31 de outubro de 2013

Algunhas aves de Chile II

Xa estamos de volta!


Chincol ás súas ordes!

Continuamos a mostra de aves de Chile cunha especie introducida (procedente de California), pero tamén con outras nativas:

Codorniz (Callipeta californica), moi elegante co seu sombreiro

Ai qué preguiza erguerse!!!

Perdicita cojón (Thinocorus orbignyianus), despreguizándose

Ups, e eu con estas plumas!

Perdicita cojón (Thinocorus orbignyianus)

Agunhas limícolas e anátidas:

Á dereita, un pilpilén (Haematopus palliatus).
Á esquerda un pilro
Playero blanco (Calidris alba), pra nós pilro
ou correlimos tridáctilo
Pato juarjual (Lophonetta specularioides), con impresionantes ollos vermellos,
típìco da alta montaña andina

As anátidas forman enormes bandos nas balsas de auga dos vales andinos:




Na foto non se aprecia como debería, pero a tagüita ten un pico verde moi chamativo, contrastando cos ollos vermellos:

Tagüita (Gallinula melanops)

Unha das aves máis doadas de ver, en case calquera ambiente:


Queltehue, ou tero (Vanellus chilensis)

E como non podería ser de outro xeito, as raíñas do ceo: as rapaces.


Águila (Geranoaetus melanoleucus)
Tiuque (Milvago chimango)

E o indiscutible monarca dos Andes, o impresionante cóndor andino:


Cóndor andino (Vultur gryphus)

Ata a próxima!!


Abur!