Amosando publicacións coa etiqueta LIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LIC. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de agosto de 2013

Visita naturalista ó macizo de Pena Trevinca

Nun dos meus derradeiros post falaba sobre o destrozo que causa a minería a ceo aberto nas montañas do macizo de Pena Trevinca, máis inda se non se acatan debidamente as medidas de restauración ambiental.

Pero a pesares de todo isto, da presión humana, dos incendios forestais, dos parques eólicos e do abandono rural, a vida segue abríndose paso nestas fermosas montañas case coma se nada.

A ruta levanos todo o día, discurrindo por ladeiras de monte baixo formado por uces e carqueixas (e diversas especies da familia Ericaceae), piornos e xestas, fermosas vaguadas co bosque de ribeira (bidueiros, acivros e ameneiros, entre outros) prácticamente inalterado, e o Teixedal de Casaio (bosque de Taxus baccata), xoia botánica tan única coma escasa nos tempos que acontecen...

Rolda de bolboretas:


Sofía (Issoria lathonia)
Amarela (Colias croceus)
Cardera (Vanessa cardui)
Licénido sen identificar
Manto de ouro (Lycaena virgaureae)
Castaño morena (Coenonympha glycerion)
Montañesa xigante (Erebia palarica)
Bolboreta do bidueiro (Biston betularia)
Limonera (Gonepterix rhamni)

Avistamento de aves:

Tartaraña cincenta (Circus pygargus)
Azulenta (Prunella modularis)
Pica alpina (Anthus spinoletta)
Águia cobreira (Circaetus gallicus)

E moitos outros como avións roqueros, chovas piquirrojas, pintarroxos, pimpíns, etc. e bolboretas coma a banda acodada (Hipparchia alcyone), e distintas mediolutos, licénidos e pardas que non fomos capaces de fotografiar pero que nos fixeron compaña durante todo o camiño.

Estas montañas merecen a protección que demandan por sí soas...

sábado, 27 de xullo de 2013

Un pequeno protagonista dunha xornada de campo

Aproveitando que era o último día da segunda edición do curso turismo ornitolóxico do CEIDA, acercamonos a coñecer a costa de Dexo-Serantes. 

Esta pequena franxa da Costa Ártabra case intacta no seu estado natural sitúase entre os omnipresentes portos de A Coruña e Ferrol. Declarouse LIC e Monumento Natural:


Recollendo datos no Seixo Branco. Ó fondo, o faro de Mera

Entre os valores naturais a destacar deste LIC están a singulariade dos seus hábitats: cantís costeiros, matogueiras de toxos e espiños, furnas e pequenos illotes case unidos á costa que conservan unha boa mostra da flora litoral, moita dela endémica, do NO peninsular. De man dun bo estado de conservación dos hábitats van as especies que habitan neles. Nos seus cantís e illotes aniñan o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), o paíño pequeno (Hydrobates pelagicus), o falcón pelengrín e o andoriñón real (Apus melba), entre outros. 

Durante todo o camiño pequenos grupos de pintarroxos ou pardillos comúns (Carduelis cannabina) zambullíanse nas matogueiras e voltaban a sair, os pitos volantóns perseguían ós pais pedindo alimento e éstes reclamabanlles que xa era hora de que se independizaran... Ata que un deles permitiunos facerlle un album de fotos, todo quedo e ben pousadiño na pola seca dun toxo.

Eiquí vos deixo unha das mellores fotos deste pequeno presumido:


Pintarroxo no seu pousadeiro

luns, 22 de xullo de 2013

Polas Brañas do Xestoso

O pasado domingo estivemos de visita ca SEO Pontevedra polas Brañas do Xestoso. Os paseos por este LIC do interior da provincia de Pontevedra sempre dan de sí, pero onte puidemos disfrutar sen moita calor, de paxaros: 

Escribenta amarela ou escribano cerillo (Emberiza citrinella) na néboa
Pica das árbores ou bisbita arbóreo (Anthus trivialis)
Escribenta riscada ou escribano montesino (Emberiza cia)

... e demáis que non puiden fotografiar, como o avión común, círrios (Apus apus),  paspallás ou codorniz, escribenta común (Emberiza cirlus), chascas ou tarabillas, lavercas ou alondras, picanzo vermello ou alcaudón dorsirrojo (Lanius collurio), picanzo real ou alcaudón real (Lanius meridionalis), etc.

Observamos un bo número de aves rapaces: miñatos (Buteo buteo), abelleiros (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), falcón pelegrín (Falco peregrinus), etc. entre os que destaca pola súa singularidade a tartaraña cincenta ou aguilucho cenizo (Circus pygargus), que conta con un bo número de exemplares melánicos na zona.

Como non podía ser doutra maneira, rolda de bolboretas:


Lobito agreste (Pyronia tithonus)
Amarela (Colias croceus)
Medioluto ibérica (Melanargia lachesis)
Banda acodada (Hipparchia alcyone)
Cardera (Vanessa cardui)
Dorada línea larga (Thymelicus sylvestris)
Pavo real (Inachis io)

Vai de libeliñas:

Libeliña (Cordulegaster boltonii)

E unha fermosa araña, pousada sobre a súa tela á espera do almorzo, ben cheíña de gotas de rocío, que non souben identificar (acepto aportacións...):

Araña á espera do seu almorzo...

Cando marchabamos, a vida continuaba coma se nada, impasible, ó noso arredor...

Cópula de lobitos agrestes