Amosando publicacións coa etiqueta Gredos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gredos. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de outubro de 2013

Fauna da serra de Gredos: Anfibios e réptiles

Son os que pasan máis desapercibidos.

Os anfibios e os réptiles, tan esquecidos coma perseguidos, son protagonistas de lendas, conxuros e crencias populares. Conviven silenciosamente ó noso lado, sen apenas molestar. Nós ignoramolos, e senón perseguimolos. Tamén os aplastamos coas rodas do noso coche nas estradas invisibles ós nosos ollos cegados pola velocidade.

Ignoralos é perderse unha parte da biodiversidade que nos rodea. Os anfibios e os réptiles son vítimas do cambio climático, da desordenada contrucción de infraestructuras humanas, da contaminación das augas, do uso masivo de velenos, etc. Desaparecen en silencio, e poucos son os que levantan a voz por eles.

Agardo que gostedes desta pequena mostra do que se nos deixou fotografiar nas nosas corredoiras pola serra de Gredos:


Lagarta carpetana (Iberolacerta cyreni)
Rá común (Pelophylax perezi)
Sapo de Gredos (Bufo bufo gredosicola)
Rela ou rá de San Antón (Hyla arborea)
Rá patilonga (Rana iberica)


Fixemonos un pouquiño ó noso arredor e aprendamos a mirar a estes animais con outros ollos porque non transmiten ponzoña como pensan moitos (o contrario, nós somos os que lles transmitimos enfermidades ó tocalos) e múltiples son os beneficios que nos aportan, coma por exemplo a súa faceta coma plaguicidas biolóxicos. 


PD. Grazas a Miguel A. Fernández Martinez pola súa incondicional axuda na identificación dalgún dos exemplares das fotos



xoves, 19 de setembro de 2013

Fauna da serra de Gredos: Aves e paxaros

Non todo son bolboretas, e se vas cos sentidos ben postos en calquera recuncho sorprende unha forma de vida. Nas matogueiras, nos piñeirais, nas charcas das beiras dos ríos, no ceo infinito, nos rochedos, nas lagoas,...

As grandes rapaces surcaban o ceo infinito, suspendidas, axexándonos dende a seguridade que lle da a súa superioridade en altura. O voitre común e o voitre negro (Gyps fulvus e Aegypius monachus), un xuvenil de águia real (Aquila chrysaetos), varias águias calzadas (Aquia pennata) e lagarteiros (Falco tinnunculus), foron os avistamentos máis significativos de rapaces.

Pola noite, o bufo real e a avelaiona (Bubo bubo e Strix aluco, respectivamentedeixabanse escoitar unha vez os humanos cesabamos co noso ruido nos arredores do cámping onde durmiamos.

E de entre os paxaros máis pequenos, e nalgúns casos máis comúns, deixovos algunha foto (case todos cunha apariencia moi simpática polo cambio de pluma estacional):

Chasco cincento ou collalba gris (Oenanthe oenanthe)
Papoazul ou ruiseñor pechiazul (Luscinia svecica),
 en pleno cambio de pluma
Xuvenil de rabirrubio ou colirrojo tizón (Phoenicurus ochruros)
Azulenta ou acentor común (Prunella modularis)
Pimpín femia ou pinzón (Fringilla coelebs)
Femia de pintarroxo ou pardillo (Carduelis cannabina)
Ferreiriño negro ou carbonero garrapinos (Periparus ater),
 pillado no seu baño matinal
Picafollas ou mosquitero común (Phylloscopus collybita),
tamén no seu baño matinal

Tamén son destacables os avistamentos de gabeador ou trepador azul (Sitta europaea), merlo azul ou roquero solitario (Monticola solitarius), avión roquero, xílgaros, ferreiriño cristado ou herrerillo capuchino (Lophophanes cristatus), chotacabras gris (atopado atropelado na estrada, e posteriormente deixado en custodia da gardería de Medioambiente da Junta de Castilla y León), chovas piquirrojas, unha oropéndola, abejarucos, lavandeiras blancas, lavandeira amarela (Motacilla flava), etc.

E se tes a suficiente paciencia, e agardas un intre, ata te podes atopar con situacións tan simpáticas como ver coincidir na mesma "bañeira" a un ferreiriño negro, cun picafollas e un carrizo (chochín, Troglogytes troglodytes). A instantánea tan só captou as turbulencias de semellante baño entre "bos amigos ocasionais":

Picafollas na "ducha"



luns, 9 de setembro de 2013

Boboretas na Serra de Gredos

A pasada ponte do 15 de agosto fixemos unha pequena escapada á Serra de Gredos, ó sur da comunidade de Castilla y León. Fascinados, percorrimos os seus vales glaciares, e en cada recuncho atopabamos unha explosión de vida, indiferente para a maioría dos sendeiristas.

Das matogueiras xurdían pequenas aves curiosas, de entre as pedras escorríanse os lagartos ó noso paso. Moi altas, no ceo, sorprendianos a silueta das grandes rapaces, e en cada regato ou charca, rás, píntegas, sapillos,...

Comezo cunha rolda de fotos dalgunhas das bolboretas que atopamos:


Negra (Satyrus actacea)
Esfinge colibrí (Macroglossum stellatarum)
Montañesa xigante (Erebia palarica), Pandora (Argynnnis pandora)
e Cardera (Vanessa cardui)
Cardera (Vanessa cardui), Sofía (Issoria lathonia) e
chicharra montañera (Steropleurus stalii)
Dorada manchas blancas (Hesperia comma)
Blanquita de la col (Artogeia rapae)
Náiade (Celastrina argiolus)
Pardo rubia (Hipparchia semele)
C-blanca (Polygonia c-album)
Pinta ocres (Arethusana arethusa)
Ortiguera (Aglais urticae)
Calimorfa (Euplagia cuadripunctaria)
Femia de manto de oro (Lycaena virgaureae)
Macho de manto de oro (Lycaena virgaureae)

Entre outras, logramos identificar pero non fotografiar a amarela (Colias crocea), a rey moro (Brintesia circe, aparece nalgunhas guías como Katenisa circe) e a macaón (Papilio machaon) entre as máis rechamantes, e varios licénidos que non soubemos identificar.

A serra de Gredos é, sen dúbida, un marabilloso escenario para ademáis de deleitarse con fermosas paisaxes, entreterse en cada recuncho e deixar pasa-lo tempo desconectando de todo o que nos rodea.