Amosando publicacións coa etiqueta Escarabajo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escarabajo. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de agosto de 2013

As luces da noite

Despois de moito tempo, este ano avistei por primeira vez un vagalume, lucecú ou luciérnaga (Lampyris noctiluca):


Puntiño de luz do vagalume (Lampyris noctiluca)

Nestas noites máis calurosas de xullo e agosto as femias de vagalume acenden o seu reclamo luminoso para atraer os machos, desposuídos de luz, e dar comezo a un novo ciclo da vida . 

Pero cada vez estes escarabellos luminiscentes son máis complicados de avistar: a contaminación ambiental e lumínica confundeos e desplazaos cada vez máis a zonas deshabitadas e inaccesibles, pero tamén o uso masivo de herbicidas e plaguicidas acaban pouco a pouco con estas pequenas marabillas da natureza.

luns, 15 de xullo de 2013

Pequenas grandes accións...

Onte, cando baixaba da casa no coche, atopeime con este fermoso exemplar macho de vacaloura, escornabois ou ciervo volante (Lucanus cervus) no medio da estrada, parecía un pouco atontado:


Vacaloura no medio da estrada

Deseguida apartei o coche e fun ata él pra ver se se ferira, pero en canto o toquei puxoseme farruco e ensinoume os cornos en posición defensiva. Decidín non estresalo demasiado, e deixeino alonxado do arcén, á sombriña dos carballos, pra que se recuperase antes de seguir ca súa viaxe.

Este tipo de pequenas accións, sempre que non supoña por en perigo a nosa vida ou a dos que circulan pola carreteira, danlle unha oportunidade se sobrevivir a estes animais cando quedan feridos ou simplemente atontados no medio dunha estrada.

Xa pola noitiña, tomando o fresco nas escaleiras da casa, vimos voar unha vacaloura xusto por enriba do noso tellado... e pensei que pode que fora o mesmo que atopei no medio da estrada... pode que fora...

martes, 9 de xullo de 2013

Sorpresas no xardín

Mirade qué fermosura me atopei hoxe pola tardiña no xardín...

Mirade qué mandíbulas ten...
A tamaño completo (aprox. 6 cm)

Tratase dun macho de "gran capricornio" ou Cerambix cerdo, e é un dos coleópteros máis grandes de toda Europa. Avistalo é cada vez máis raro por mor da perda do seu hábitat. Debido a que se alimenta da savia das árbores enfermas do xénero Quercus, tradicionalmente está considerado como "plaga".

Está catalogado como "vulnerable" pola IUCN, e está practicamente extinguido no norte de Europa, polo que é nosa responsabilidade velar para poidamos no futuro, seguir atopándonos con él de vez en cando.


PD. O meu agradecemento a José Manuel Villa, experto en "bichos", pola súa identificación